A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou onte o Belén municipal, que este ano conta coa peza dunha muller anónima aplaudíndolle ás e aos traballadores de servizos esenciais, feita por Francisco Gorín de Buño.

O Belén municipal poderase desfrutar todos os días, agás os festivos, coas medidas de seguridade esixidas pola Xunta e en horario de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas.