Este venres, día 26 de xuño, terá lugar o último dos Encontros Biosfera, organizado pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e o CEIDA, co fin de reflexionar sobre os novos modelos alimentarios baseados nos produtos de proximidade, o consumo de tempada e a reducción da pegada climática na alimentación. Este foro virtual, que será emitido en directo a través da canle de Youtube do CEIDA, contará nesta ocasión coa participación de:

  • Luis Paadín, Presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia.
  • Cristina Bañobre, Daterra Do País, produtora da Marca Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O encontro estará moderado pola xornalista María López Cedrón,  coordinadora do programa Somos Agro, portal para o sector primario de La Voz de Galicia, e terá lugar de 11 a 12 h.

Pode seguilo na seguinte ligazón: https://youtu.be/u8L9drNGZOE
Máis información: http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/iv-encontro-biosfera-traballando-por-un-novo-modelo-alimentario