A Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña, conxuntamente coa Concellaría de Mobilidade convocou unha reunión o día 16 de xaneiro co obxecto de presentar o lanzamento dunha APP de pago do bus urbano, denominada “Millenium Próxima”. Antes de poñer en funcionamento esta APP para toda a veciñanza (a partires do mes de marzo), sería preciso probala nun grupo reducido de persoas usuarias (“testeadoras”) que poidan axudar co seu uso a identificar erros e mellorar as capacidades desta APP de xeito previo á súa posta en marcha. Prevese que esta probba piloto funcione durante dous meses na ruta do autobús 1A. O grupo de persoas testeadoras estará formado por técnicos, funcionarios municipais, usuarios habituais de barrios próximos á ruta do bus 1A,…
Os requisitos para formar parte do piloto son:
- Que o terminal móvil no que se instale a APP funcione con sistema operativo Android e que dispoña de NFC.
- Asinar un documento de confidencialidade.
Tes máis información sobre a APP “Coruña Millenium Próxima” no seguinte documento:
Esta funcionando ya la milenium próxima y donde descargar la app? Como se. Llama la app?
Gracias
Sabemos que la App Millenium Próxima está en fase de pruebas, pero todavía no se puede descargar ni abrir. Suponemos que próximamente estará disponible.
Gracias por el interés.