https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/ocio-saudable/suceso/1453738054412

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do servizo de Acción Social, leva a cabo o Programa de promoción de lecer saudable dirixido a mozos de 12 a 30 anos, que ten como obxectivo o fomento de actividades relacionadas coa mellora dos hábitos saudables e o lecer construtivo. Este programa está cofinanciado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.

As actividades, que levarán a cabo no mes de agosto, son gratuítas e as prazas limitadas.

Nesta edición ofértanse actividades de participación “en liña” e outras na que a participación será presencial.

Na modalidade presencial no medio aberto levarán a cabo actividades como “Surf experience” nas que durante catro días os participantes iniciaranse no surf e perfeccionasen a súa técnica; unha ruta ambiental polo río Mandeo cun percorrido guiado por plantacións que traballan na renovación do campo recuperando técnicas de agricultura tradicionais e ecolóxicas; unha ruta de sendeirismo por Ponteceso – estuario do río Anllóns; unha xornada de multiaventura facendo Rafting polo río Ulla, e “Multideporte experience” no que durante catro días practicaranse deportes náuticos e de praia como paddle surf, paddle surf XXL, kaiak, vóley praia… Estas actividades contemplan o transporte gratuíto ao lugar do desenvolvemento da actividade.

Na modalidade presencial tamén se conta con actividades como iniciación ao debuxo manga e iniciación a youtuber que se desenvolverán no Centro Cívico dos Rosales.

Na modalidade “en liña” realizaranse actividades como: creación de curtametraxes con móbil, creación e mantemento de blogues e páxinas web, taller de novos escritores, taller de rap, taller de pizzas e taller de tuppers “” saudables.

A programación de todas as accións estará adaptada ás medidas de seguridade sanitarias recomendadas para a prevención da propagaciónd o COVID-19. Quen participe nas actividades presenciais de interior e no medio aberto terán que usar máscara de forma obrigatoria e deberán aceptar as condicións de participación no programa, as cales se poñerán no seu coñecemento antes do inicio de cada actividade.

A inscrición poderase facer das 08:00 h do día 28 de xullo ás 24:00 h de 30 de xullo.