Mar de Fábula fai un chamamento a todos os veciños da Coruña dispostos a botar unha man para apañar o lixo mariño que o mar devólvenos en bandexa a diario, nas praias de Riazor e Orzán, todo ao longo das liñas de marea.
Día da limpeza: domingo 26 de xaneiro.
Hora e lugar de encontro: Ás 11:00 horas na Coraza, entre as dúas praias.
A organización levará sacos, bolsas e luvas ( recoméndase aos voluntarios levar as súas propias).

Dende a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana queremos sumarnos a este chamamento, apoiando e difundindo esta iniciativa que vai en beneficio de todos.

O facebook da Asociación Mar de Fábula onde podedes atopar máis información sobre esta e outras actividades da mesma é: https://www.facebook.com/mardefabula/

“A Coruña é mar. Coidemos o noso mar para que siga sendo fonte de benestar físico e mental para todos os paseantes deste gran balcón aberto ao océano.” (Mar de Fábula)