Durante esta semana, estaremos en proceso de traslado de local xa que van reformar o edificio onde estamos actualmente.

A partir da vindeira semana poderemos atendervos no Centro Cívico Artesanos (R. San Andrés, 36, 2º planta, 15003 A Coruña), neste correo electrónico e no mesmo número de teléfono (981.171.185).

Para atención presencial, é necesario que se nos chame antes por teléfono para que poidamos abrir, xa que en boa parte do noso horario o Centro Cívico está pechado.

Aproximadamente en sete meses, volveremos ó local habitual da Avenida de Glasgow, en canto rematen as obras do novo Centro Cívico do Birloque.

Sentimos as molestias que este cambio vos poida ocasionar.