Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña infórmannos que se abren novas edicións do Plan Formativo do Pacto Social.

Este cursos, dirixidos ás persoas a título individual e ás empresas e entidades adheridas ao Pacto Social, procuran sensibilizar sobre a importancia do papel activo que cada persoa pode desenvolver para a erradicación das violencias machistas na súa contorna.

Ademais, abórdase a situación real das violencias machistas dentro do ámbito dos Medios de Comunicación e do Tecido Asociativo, así como a magnitude desta problemática e a relevancia destes sectores como axentes de socialización. Cada curso ten unha duración de 4 horas, é gratuíto e de modalidade online. Ao finalizar o curso expedirase un diploma.

Na actualidade, os cursos dispoñibles son os seguintes:

  • Curso Básico de Igualdade e Prevención das Violencias Machistas.
  • Curso Específico de Intervención dende o Tecido Asociativo fronte ás Violencias Machistas.
  • Curso Específico de Intervención dende os Medios de Comunicación fronte ás Violencias Machistas.

Os cursos estarán dispoñibles nunha plataforma de formación online e poderán completarse entre o 15 de xuño e o 5 de xullo (ambos días inclusive).

Ademais, o Curso Específico de Intervención dende a Hostalería fronte ás Violencias Machistas terá unha edición presencial o día 20 de xuño, ás 9:30h no Centro Ágora (dirixido a persoal vinculado co ámbito da Hostalería).

Para solicitar a túa inscrición debes cubrir o formulario​ que atoparás na seguinte ligazónhttps://form.jotform.com/220622820078349