O vindeiro luns 13 de xullo comezan os directos dos obradoiros de ciberseguridade dos Campamentos virtuais de Afundación. Serán os días 13, 15, 20 e 22 de xullo ás 11:00 h. para a rapazada de 14 a 20 anos e tamén para as familias. Podes apuntarte de balde nesta ligazón:
Nestes obradoiros, través dunha dinámica práctica e divertida, un hacker dos de verdade falaranos de:
– Os perigos das redes sociais. Analizará en concreto Instagram, Twitter e Facebook; como xeoposicionan as nosas publicacións, o que lles permite levar un seguimento de todo o que facemos.
– Google sábeo todo de ti. Utilizarase o buscador para investigar unha figura pública e comprobar realmente todo o que se pode axexar dunha persoa, entendendo así o coidado que cómpre ter coas páxinas web.
– O gran engano. Explicarase a nen@s o concepto de fake news e por que non debemos crer todo o que se publica na Internet.
– Coidado onde entras. Explicarase como con visitar unha páxina web maliciosa poden capturar todos os datos.
– Trucos e estafas. Ensinaráselles a identificar as principais canles de estafa nas que poden caer (trucos para móbiles, cracks para xogos, subscricións, etc.).
Comentarios recentes