O Concello da Coruña, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), abriu onte, 10 de xaneiro, o prazo de preinscrición para os obradoiros da nova tempada de primavera do Programa de Lecer que se leva a cabo entre o Fórum Metropolitano e o Centro Sociocultural Ágora.
Os módulos ofertados no Programa de Lecer, retomado durante o outono pasado garantindo a máxima seguridade sanitaria para as usuarias e usuarios participantes, concretáronse en 41 obradoiros no Fórum Metropolitano, con 972 prazas, así como outros 57 obradoiros no Ágora, con 985 prazas. Nesta nova convocatoria, a de primavera, poñeranse en marcha 12 obradoiros máis que na edición de outono, aínda que cun número menor de prazas, debido á convocatoria de novos obradoiros de menor ratio.
O prazo de preinscrición nos novos obradoiros comezou este luns, 10 de xaneiro (9.00 horas), e rematará o mércores, 12 de xaneiro (20.00 horas). O rexistro de solicitudes farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura. Cada usuaria ou usuario interesado poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros.
Máis información na seguinte ligazón:
Comentarios recentes