O Concello da Coruña, está a desenvolver a cuarta edición do programa “Orzamentos Participativos”.

Ata o día 21 de maio, estará aberto o prazo de achega de propostas de investimento na plataforma web https://aportaaberta.coruna.es/ e dende a Federación de Asociacións Veciñais, como punto de apoio presencial, prestamos un servizo de axuda para a participación a quen o precise.

Informarvos de que o vindeiro 16 de maio ás 17.30 horas, celebraremos un encontro-debate e achega de propostas, no local da Federación.