A Coruña, 23 de febreiro de 2024

A Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana manifesta o seu máis fondo pesar polo incendio acontecido onte nun inmoble de Valencia.

Lamentamos profundamente o sucedido e queremos amosar a nosa solidariedade cos/as afectados/as, as vítimas e as súas familias.

Dende a Federación reivindicamos ás administracións que tomen as medidas oportunas para axudar a tódalas persoas prexudicadas pola traxedia e traten de evitar que volva a ocorrer. Por último, queremos amosar todo o noso respecto e admiración para os profesionais que participaron nas tarefas de extinción do incendio ou socorrendo ós feridos, así coma para aquelas persoas que axudaron dunha ou doutra forma.