Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña infórmannos que se abren novas edicións do Plan Formativo do Pacto Social.

Este cursos, dirixidos ás persoas a título individual e ás empresas e entidades adheridas ao Pacto Social, procuran sensibilizar sobre a importancia do papel activo que cada persoa pode desenvolver para a erradicación das violencias machistas na súa contorna.

Cada curso ten unha duración de 4 horas, é gratuíto e de modalidade online. Ao finalizar o curso expedirase un diploma.

  • Curso Básico de Igualdade e Prevención das Violencias Machistas.
  • Curso Específico de Intervención dende o Tecido Asociativo fronte ás Violencias Machistas.
  • Curso Específico de Intervención dende os Medios de Comunicación fronte ás Violencias Machistas.
  • Curso Específico de Intervención dende a Hostalería fronte ás Violencias Machistas.​​
  • Curso Específico de Intervención dende o Ocio Nocturno fronte ás Violencias Machistas.

Os cursos estarán dispoñibles nunha plataforma de formación online e poderán completarse entre o 14 ao 29 de xullo.

Solicita a túa praza no seguinte formulario: https://form.jotform.com/220622820078349