O 28 de febreiro presentouse no Centro Cívico da Cidade Vella a Estratexia da Infraestrutura Verde do Concello da Coruña.
O plan de Infraestrutura Verde busca crear unha cidade máis natural, máis saudable para todas as persoas e tamén máis comprometida. A Infraestrutura Verde configúraa unha rede potencial de espazos multifuncionais e de gran calidade ambiental, conectados entre si e transitables dende tódolos barrios. Para tódalas persoas, para termos un acceso máis igualitario aos espazos verdes e aos beneficios que nos proporcionan para a saúde, tanto das persoas como da natureza. O obxectivo é converter A Coruña nunha cidade pioneira na loita fronte o cambio climático.
Beneficios da infraestrutura verde:
- Para a saúde física das persoas:
- Contribúe á redución de contaminación no aire que respiramos
- Diminúe os niveis de ruído derivados da circulación
- Diminúe os niveis de raios UVA e UVB+ C que chegan ás persoas
- Fomenta o exercicio físico ao aire libre, coa creación de espazos verdes destinados a ese fin
- Aumento do confort térmico
- Para a saúde psicosocial:
- Un acceso á natureza máis igualitario en tódolos barrios
- Fomento dun maior uso dos espazos verdes e naturais
- Redución do estrés grazas ao contacto coa natureza
- Fomento da economía verde local
- Aumento da participación cidadá no deseño da cidade
- Mellora da concetividade social
- Fomento da contemplación e do desfrute estético da natureza
- Para a saúde da natureza:
- Conservación da fauna e flora e fomento da biodiversidade
- Mellora da conectividade entre os grandes espazos verdes
- Aumento da captura de carbono
- Mellora da calidade da auga que chega ao mar
- Prevención de inundacións pola mellora da infiltración da auga
- Resistencia aos lumes forestais con especies adaptadas, especialmente nas zonas de máximo risco
- Fomento da agricultura urbana…
Comentarios recentes