O 7 de outubro, ás 17.30 horas, preséntase na Escola Universitaria e Relacións Laborais da Coruña (Rúa Leopoldo Alas “Clarín”, 2) o libro “A cultura e o asociacionismo cívico na Coruña. Entre a oficialidade e a resistencia (1939-1979).

Este libro é froito da aportación de varios autores: Dionisio Pereira, Anra Romero Masiá, Xosé M. Maceira Fernández, Goretti Sanmartín Rei, Xosé Dobarro, Olivia Rodríguez González, Ricardo Gurriarán, Xan Fraga, Manuel Lourenzo, Xosé Díaz, José Manuel Sande, Antón Luaces, Henrique Harguindey, Silvia Longueira, Xan María Castro, Domingo Verdini Deus, J. Ramón Fernández Antonio e Emilio Crespo.

Na presentación do libro participarán:

  • Ricardo Gurriarán (editor e director da Fundación 10 de Marzo)
  • Xosé Manuel Sande (coautor)
  • Domingo Verdini (coautor)
  • Olivia R. Tudela (profesora da UDC e coautora)
  • Xan M. Castro (coautor e presidente da Fundación 10 de Marzo)