Páxina web da Concellaría de Deportes do Concello de A Coruña https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/en-lina para axudar ao mantemento do exercicio físico durante o confinamento.

O espazo dixital conta con vídeos creados e gravados polas/os monitoras/es das Escolas Deportivas Municipais, deseñados especificamente para practicar na casa durante o estado de alarma e adaptados ás distintas idades:

Vídeos de quecemento e estiramentos, para todas as idades, vídeos infantil/xuvenil, para 6 a 17 anos, vídeos de exercicios diversos para maiores de 18 anos, vídeos de mantemento e tonificación para maiores de 65 anos.

 

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

1. Evitar o sedentarismo.

2. Activar o corpo e a mente para mellorar o benestar xeral.

3. Conseguir pasar o menor tempo sentada/o.

4. Contribuír a crear unha rutina diaria de vida saudable.

5. Reducir tempos de pantalla e descansar a vista.

6. Manter e/ou mellorar a forza, coordinación, flexibilidade, resistencia, equilibrio, axilidade, percepción corporal, espacial, temporal e a relaxación.

O material que se precisa para realizar estes exercicios físicos é moi habitual en cada casa: botellas pequenas de auga, paquetes de arroz ou pasta, medias ou calcetíns.

Este programa pode seguirse desde as redes sociais de Coruña Deporte en Facebook, Twitter e Instagram. Tamén no canal de Youtube e nas páxinas web do Concello da Coruña e na propia da Concellería de Deportes.