Atendendo á necesidade de previr os contaxios do Covid-19, a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana vese na obriga de adoptar o seguinte Protocolo para a atención presencial, que poderá ser modificado atendendo á evolución da pandemia do Covid-19:
- As persoas que desexen ser atendidas de forma presencial, deberán solicitar cita previa, utilizando algún dos seguintes medios:
- Teléfono: 981.171.185 (de 09.30 a 13.30 horas ou de 17.00 a 20.00 horas)
- Correo electrónico: favacoruna@favacoruna.org
- Só se poderá atender a unha única persoa de cada vez, polo que no caso de que alguén veña acompañado/a, o/a acompañante deberá agardar fóra.
- Será obrigatorio o uso de máscaras hixiénicas ou cirúrxicas durante todo o tempo que dure a atención presencial, que deberá traer a persoa que acuda á cita presencial.
- Recoméndase a utilización de guantes de látex, nitrilo ou similares, durante o tempo de atención presencial.
- Será preciso hixienizar as mans con xel hidroalcóholico antes de entrar na oficina.
Asdo.: A Xunta Directiva
CONSÚLTAO EN PDF: PROTOCOLO FEDERACIÓN ATENCIÓN PRESENCIAL
Comentarios recentes