Dende o Servizo Municipal de Emprego do Concello da Coruña nos achegan a información do Proxecto “Coruña Suma”, un proxecto de Emprego cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Coruña Suma está dirixido ás persoas desempregadas da cidade, e ten como obxectivo facilitar a súa inserción laboral a través da súa activación e da participación en cursos formativos con prácticas en empresas.

  • Durante os próximos dous anos van realizar un total de 96 cursos en distintas áreas e sectores profesionais. (Na documentación adxunta detallamos a relación de todos os cursos coa duración horaria de cada un).
  • Todos os cursos son totalmente gratuítos e inclúen formación teórica e prácticas en empresas.
  • O obxectivo último é a inserción laboral. (Máis do 50% das persoas que se formaron con eles en anteriores proxectos conseguiron empezar a traballar despois de realizar os cursos).

Todas aquelas persoas que estean interesadas poden contactar co Servizo Municipal de Emprego no teléfono 981 184 399 ou dirixíndose á oficina no Centro Municipal de Emprego dos Rosales en horario de 08:00 a 15:00 horas solicitando información do proxecto Coruña Suma.

Máis información aqui