Dende a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana colaboramos na recollida de alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas que rematará o día 20 de decembro, de luns a venres, de 09.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas
Para todo aquel interesado en participar nesta iniciativa como punto de recollida de alimentos, o procedemento é o seguinte:
- Chamar a algún destes números de teléfono (649.456.389 – 630.885.285 – 630.601.248) e unha persoa voluntaria de Protección Civil pasará a levarvos caixas do Banco de Alimentos Rías Altas para que fagades a recollida.
- Unha vez que as caixas estean cheas, volvedes a chamar a algún deses números de teléfono para que vola recollan.
- Animámosvos a cooperar con esta iniciativa, sobre todo nestes momentos tan difíciles para moitas familias.
Comentarios recentes