Ante a declaración de prealerta por escaseza de auga moderada no sistema de abastecemento dos ríos Mero e Anllóns, e da ría da Coruña, activada pola Oficina Técnica da Seca da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña remitiu este mércores unha comunicación a todos os concellos da área metropolitana aos que se suministra auga desde o encoro de Cecebre (Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada), con medidas de concienciación cidadá nos fogares e empresas.
Son as seguintes:
- Concienciación cidadá nos fogares e empresas.
- Limitación dos usos non prioritarios que se detallan a continuación:
- Redución de baldeos e limpeza de edificacións.
- Redución do rego en zonas públicas e privadas ao estrictamente necesario.
- Limitación á hora de encher as piscinas.
- Peche de instalacións ornamentais e decorativas: peche de fontes.
- Prohibición do lavado de coches fóra dos establecementos autorizados.
Ditas medidas entraron en vigor esta noite do mércores 9 ao xoves 10 de agosto, ás 00.00 horas.
Comentarios recentes