A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse onte coas e cos representantes das asociacións veciñais e de hostalaría de toda a cidade para lles trasladar a decisión do Goberno municipal en relación coa celebración do San Xoán na Coruña.
A rexedora recordou os anuncios que xa fixeron públicos sobre o peche das praias desde aproxidamente as nove da noite do día 23 e a prohibición de facer cacharelas, non só nos areais, senón tamén en todo o termo municipal. Manifestou que todas e todos debemos asumir que este ano o San Xoán será diferente aos demais e apelou á responsabilidade individual e colectiva para evitarmos conductas que poñan en risco a saúde da veciñanza.
O día 23 de xuño permitirase a realización de sardiñadas, churrascadas ou similares nos espazos solicitados polos locais e persoas particulares para a ocupación de vía pública. Só poderán facerse das 13.00 ás 16.00 horas e das 20.00 ás 00.00 horas do día 24. Para iso, as persoas solicitantes deberán presentar unha declaración responsable polo menos 24 horas antes do día 23.
Comentarios recentes