A Subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo Ansorena, reuniuse o pasado 8 de febreiro con representantes da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana e dos tres polígonos industriais da Coruña (Pocomaco, Vío e Agrela), para tratar sobre a execución da conexión do acceso ó Porto Exterior coa Terceira Rolda.

A xuntanza desenvolveuse a petición dos representantes veciñais e dos empresarios, e contou coa participación de técnicos da Demarcación de Carreteras do Ministerio de Fomento, que informaron sobre o estado actual do proxecto de prolongación da AC-15 (o novo acceso ó Porto Exterior), ata conectar coa AC-14 (Terceira Rolda). O obxecto desta reunión era analizar tecnicamente a solución do novo vial, que xa conta coa aprobación do estudo informativo dende o ano 2017 e coa correspondente declaración de impacto ambiental.

Durante a reunión, os representantes dos polígonos de A Coruña espuxeron á Subdelegada do Goberno o seu interese por axilizar esta infraestrutura, que consideran clave para o futuro desenvolvemento dos parques empresariais ós que representan e nos que se xeran unha importante actividade económica.

A Subdelegada do Goberno ratificou o compromiso do Ministerio de Fomento con esta actuación e que coincide co manifestado polos representantes veciñais e empresariais. Neste senso, a aprobación do estudo informativo por parte do Ministerio representa o primeiro paso para materializar nun futuro a conexión directa do tráfico portuario coa rede de estradas do Estado, neste caso coa Terceira Rolda.

Como resultado do estudo informativo, o Ministerio de Fomento seleccionou a alternativa que consta dunha lonxitude de 2,9 kilómetros e cun orzamento estimado de licitación de 27 millóns de euros. A estrada terá a súa orixe no enlace do acceso ó Porto Exterior, entre a AC-15 e a AG-55, e finalziará enlazando coa Terceira Rolda en Pocomaco, dispoñéndose os ramais precisos que permitan conectar o Porto Exterior.

Esta infraestrutura permitirá canalizar os tráficos de vehículos pesados dende o Porto Exterior da Coruña cara a A-6 a través da Terceira Rolda, nunha zona na que se ubican os principais accesos ós polígonos da Coruña, conseguíndose deste xeito mellorar a movilidade, seguridade e tempos de percorrido para os tráficos xerados polo Porto Exterior, aumentando así a súa competitividade. Tamén se conseguirá con esta actuación conectar o Porto Exterior e o Porto Interior da cidade a través da AC-15, Terceira Rolda e AC-10