O 22 de xaneiro, ás 12.00 horas, no Salón de Sesións do Pazo Municipal de María Pita, reuniuse con carácter extraordinario o pleno do Consello Local de Inclusión Social. Entre os temas abordados nesta xuntanza, destacan:

  • Lectura e aprobación da acta da sesión plenaria anterior (25/06/2018)
  • Comunicación da Presidencia sobre a situación actual do proceso de elaboración do Plan Local de Inclusión Social
  • Proposta da Comisión Permanente relativa ao programa e o calendario anual de actividades do Consello para o ano 2019
  • Proposta da Comisión Permanente relativa á creación de grupos de traballo: denominación e finalidade, determinación do número de membros integrantes de cada grupo, persoa vogal coordinadora e calendario de reunións.