O luns 16 de setembro un triple crime machista consternou a toda a sociedade. Sandra (39 anos), súa irmá Alba (27) anos e a nai de ámbalas dúas, Elena (58 anos), foron asasinadas polo exmarido de Sandra, diante dos seus fillos. En sinal de repulsa por este triple crime, convocáronse múltiples concentracións en toda Galicia, co sentimento unánime da veciñanza para que nunca máis se produzan feitos desta índole.