Federación de AA.VV. de A Coruña e Área Metropolitana

IMPORTANTE: Proximamente continuaremos con los cursos gratuitos de informática (diferentes niveles)

IMPORTANTE: De ahora en adelante las Asociaciones debe solicitar el certificado digital

A FEDERACIÓN

O que somos e o que non somos

Somos:

  • Unha entidades sen ánimo de lucro.
  • Unha Federación formada por Asociacións Veciñais de A Coruña e os concellos da Área Metropolitana da Coruña.
  • Pertencemos á Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe), xunto coas principais federacións veciñais galegas e á Confederación Estatal de Asociaciones de Vecinos (CEAV).
  • Reivindicamos melloras na calidade de vida da cidadanía en xeral.

Non somos:

  • Unha fundación.
  • Unha agrupación de comunidades de veciños.
  • Reivindicamos intereses privados ou particulares.

Carta de Luisa Varela Ínsua (Presidenta Federación)

Como Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, non podo desaproveitar a oportunidade que me brinda a renovación da nosa páxina web para dirixirlles un afectuoso saúdo a tódalas persoas e entidades que contribuíron e contribúen á creación e fortalecemento do movemento veciñal.

Na Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana atópanse representadas as máis importantes Asociacións Veciñais da nosa bisbarra. Grazas a isto, ó longo da súa historia vén desenvolvendo unha importante reivindicación e promoción dos intereses e da calidade de vida dos habitantes da cidade de A Coruña e da súa área metropolitana.

Non podo deixar de agradecer, tanto ós membros da Xunta Directiva, coma ós Directivos de tódalas Asociacións que formades parte da Federación, que sodes os principias voceiros das necesidades da poboación, a colaboración e compañeirismo que amosades para poder desenvolver a labor que estamos a realizar.

Ás veces non resulta sinxelo afrontar as dificultades que se presentan no camiño, pero o importante é, independentemente dos esforzos que custe, acadar uns resultados positivos que satisfagan á maioría. A historia veu demostrando que un movemento asociativo forte é imprescindíbel para a consecución destes resultados, así coma a voz da cidadanía ante as Administracións Públicos.

Para rematar, anímovos a tódolos dirixentes veciñais a seguir traballando para conservar e potenciar este tecido asociativo, que nos dota de capacidade de decisión e defensa dos intereses dos nosos veciños. Con isto, contribuiremos a mellorar o noso país, sabendo que sempre vai a repercutir positivamente na nosa convivencia e, en definitiva, nas nosas vidas.

Unha forte aperta e forzas para seguir loitando.

Organigrama Federación

Presidenta: María Luisa Varela Insua

Vicepresidente: Pedro Fernández Roque

Secretario: Manuel Vales Cancelo

Vicesecretario: Pedro Méndez Zas

Tesoureira: Isabel Fouz Escobero

Vogal: Pilar Carrodeguas Piñón

Vogal: María del Pilar Menéndez Andrade

Vogal: Juan Manuel Eiras Otero

Vogal: José Ángel Souto Vázquez

Vogal: Milagros Vieites Sánchez

Vogal: Manuel Gómez Meilán

Marco Xurídico

L.O. 1/2002, de 22 de Marzo, reguladora do Dereito de Asociación.

Comparación entre a L.O. 1/2002 reguladora do Dereito de Asociación, e a Ley 191/1964 de asociacións.

Convenios

Membro de