O Concello abre hoxe o prazo de solicitude de tres modalidades de subvencións para entidades sociais e veciñais da cidade.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade de Participación aposta por fortalecer o movemento asociativo que traballa pola igualdade de xénero e a diversidade na cidade da Coruña.

Por outra banda, o Concello tamén abre o prazo de solicitude para a convocatoria de subvencións ás entidades que desenvolven actividades ou proxectos de promoción e reinserción social.

A terceira das convocatorias de subvencións é a destinada ás asociacións veciñais para o ano 2021 con dúas liñas de axuda: unha para financiar proxectos ou actividades culturais, formativas e educativas de interese social que favorezan a participación activa da veciñanza e outra para apoiar economicamente o funcionamento das entidades que non dispoñen dun local municipal cedido.

A información sobre as tres convocatorias de subvencións poderá consultarse no portal web da concellería.