Os días 17 e 25 de abril desenvolveranse no Centro Cívico da Cidade Vella, ás 18.30 horas, os Talleres de Participación para deseñar o futuro da Infraestrutura Verde da Coruña. Estes talleres están destinados a entidades, asociacións e cidadanía en xeral, e neles preténdese recoller as propostas e ideas da poboación para coñecer a situación ambiental da zona e as opinións para mellorar e manter as áreas naturais e a ordenación do territorio dende unha perspectiva medio ambiental, ademais de identificar posibles sendas e rutas ou espazos de ocio que se poderían crear ou mellorar.

Máis información sobre a Infraestrutura Verde e os talleres: Triptico_divulgativo (1)