Ainda está aberto o prazo de inscrición nos talleres formativos prácticos gratuitos programados pola Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Son accións formativas que se ofrecen no marco da Escola de Participación, un programa que este ano, marcado pola crise sanitaria da COVID-19, ten en conta de maneira especial a preocupación da cidadanía e do tecido veciñal, como entidades de participación colectiva, pola saúde e a prevención desta enfermidade.

Talleres prácticos presenciais  de 2 horas de duración sobre MEDIDAS PREVENTIVAS E DE PROTECCIÓN PERSOAL (COVID 19), nos grupos en que ainda quedan prazas libres.

Os talleres ofrecen unha completa información sobre a COVID-19, de xeito que se capacite ás persoas asistentes para tomar as medidas axeitadas para previr a propagación da enfermidade, así como para adoptar medidas persoais de prevención e protección e o emprego correcto dos Equipos de Protección Individual (EPI). Durante  a sesión formativa realizaranse simulacións e entrenamento de situacións habituais.

LUGAR: Centro de Formación da Cruz Roja. Rúa Médico Devesa Núñez, nº 1. 15008 A Coruña.

DATAS E HORARIOS A ELIXIR NOS QUE QUEDAN PRAZAS LIBRES:

  • XOVES 19 NOVEMBRO ÁS 11:00 h
  • SÁBADO 21 NOVEMBRO ÁS 10:30 H
  • LUNS 23 NOVEMBRO ÁS 17:00 H
  • MÉRCORES 25 NOVEMBRO ÁS 10:00 H
  • XOVES 26 NOVEMBRO ÁS 16:00 H
  • VENRES 27 NOVEMBRO ÁS 17:00 H

MODALIDADE: Presencial con grupos de 15 persoas como máximo.

DURACIÓN: 2 horas.

INSCRICIÓN: O prazo permanecerá aberto de maneira continuada ata o 26 de novembro, ata completar as prazas disponibles en cada grupo e quenda. A inscrición realizarase enviando un correo electrónico a participacion@coruna.es, cos seguintes datos:

​DATA E HORA SOLICITADAS*​
​NOME*
​APELIDOS*
​DNI*
​CORREO ELECTRÓNICO*
​TELÉFONO DE CONTACTO*
​FORMAS PARTE DO VOLUNTARIADO?
TES VINCULACIÓN CON UNHA ASOCIACIÓN?
​OUTRA INFORMACIÓN RELEVANTE

*Os datos sinalados con asterisco son imprescindibles para a inscrición.

As prazas adxudícanse por rigurosa orde de inscrición, abriranse listaxes de espera e ofrecerase a posibilidade de reubicación nalgún outro grupo que non esté completo.