23 de Decembro

Torneo organizado polo Concello da Coruña e coa colaboración dos equipos Leyma Básquet Coruña, Club Maristas Coruña e Abeconsa Basketmi Ferrol co motivo da inauguración das Pistas da Praza da Tolerancia, con premios e sorteos de material deportivo e da ACB, e entradas para partidos do Básquet Coruña e Maristas.

Horario aproximado: 10:30 a 12:30h

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 16 AO 21 DE DECEMBRO AS 13:00h.

O próximo xoves 23 de decembro inaugurase, se a climatoloxía acompaña, a pista multideporte da Praza da Tolerancia.

Está en marcha a inscrición a un torneo de baloncesto 3×3.

Ligazón co formulario de inscrición:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeLQ7X18N0bV_RdGL50o3FQ1-7SFRrrRTHfE_OD08ehZFv43w/viewform

O torneo vai dirixido ás seguintes franxas de idade:

10 a 11 anos (nados nos anos 2010 e 2011)

14 a 15 anos (nados nos anos 2006 a 2007)

Os equipos teñen que ser mixtos e o horario de competición será aproximadamente de 10:30 a 12:30 horas.

Haberá sorteo de regalos e a visita de xogadores e xogadoras do Básquet Coruña e do Maristas. Tamén unha exhibición de baloncesto en cadeira de rodas.