Actividade para a mocidade organizada pola @AVPalavea.

A actividade consiste nunha viaxe en kayak por Betanzos, ao longo do río Mandeo e da ría de Betanzos o 12 de setembro de 2020.

É unha actividade que se ofrece de xeito totalmente gratuíto e ten prazas limitadas. Os participantes inscribiranse por prioridade en orde de inscrición, preferiblemente os residentes no barrio e membros da Asociación de Veciños. A inscrición realizarase ao longo de todo o mes de agosto.

A actividade levarase a cabo con todos os protocolos covid-19 requiridos, tanto específicamente para viaxes en Betanzos como para actividades deportivas.

Para máis información pódese enviar un correo electrónico á Asociación Veciñal “Os nosos lares” de Palavea: osnososlarespalavea@gmail.com

Animádevos!

Enlace para a inscripción: forms.gle/Sd3DZcnd3rfwNW