A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe), formada polas principais Federacións Veciñais galegas, organiza tódolos anos a cerimonia de entrega duns premios para recoñecer a labor realizada por distintas persoas ou entidades a nivel galego.
A entrega dos VIII Premios CoGAVe tivo lugar o pasado domingo 28 de novembro pola mañá, na cidade de Lugo.
Os premiados elixidos pola Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana e as Asociacións Veciñais federadas foron o “Proxecto ENKI”, da Fundación Abrente e a profesora Alicia Tojeiro Ríos.
¡NORABOA!
Comentarios recentes