A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae poderán ser visitados de maneira virtual as fins de semana e os días festivos.

Estes percorridos, que terán unha duración de 30 minutos e serán gratuítos, realizaranse por videoconferencia, cunha conexión a través de Google Meet.

As persoas que reserven algunha das visitas recibirán unha ligazón para se conectaren co persoal de atención ao público que estará dirixindo a actividade desde o museo, co que ademais poderán interactuar a través do vídeo ou do chat.

As dúas primeiras fins de semana de febreiro comezarase coas reservas de persoas titulares de tarxetas de entrada anual (Tarxeta Vente e Tarxeta Vente Mini) e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Pódense consultar as visitas que se ofrecerán na seguinte ligazón:

AQUI

RESERVAS

As persoas que desexen participar nalgunha destas visitas virtuais deben realizar unha reserva cubrindo un formulario que se atopa neste enderezo https://forms.gle/hJinEEdfM6Xhrr8m6, e que se abrirá para cada fin de semana dous venres antes ás 10.00 horas ata o mércores anterior ás 15.00 horas. O venres anterior á visita pola mañá enviaráselles un correo de confirmación ás persoas que obteñan praza, xunto coa correspondente ligazón para a conexión.