Entre os días 3 e 9 de outubro podes participar na Fase de Votación Final dos Orzamentos Participativos 2019.

Coma noutras edicións, podes votar propostas para a cidade e para un total de tres distritos, sempre a través da plataforma http://aportaaberta.coruna.es/

Para participar é preciso estar dado de alta como usuario ou rexistrarse en http://aportaaberta.coruna.es/ e cumprir os requisitos de ser maior de 16 anos e estar empadroado na Coruña. Non é preciso ter presentado propostas ou telas apoiado para poder votalas nesta última fase do programa.

Ademáis do teléfono de atención cidadá 010, seguirán dispoñibles os “Puntos de apoio presencial” nas bibliotecas e centros cívicos municipais, no CMIX e na Federación de Asociaciones Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana.

Animámosvos a seguir participando, votando as propostas que consideredes máis interesantes.