Mañá celébranse en Lugo os X Premios COGAVE “Crer no movemento veciñal” onde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro”, formada polas principais Federacións Veciñais galegas, recoñece a labor realizada por distintas persoas ou entidades, a nivel galego, que promoven os valores do Movemento Veciñal.
O acto de entrega dos Premios CoGAVe será mañá, sábado 4 de novembro, na cidade de Lugo (no Círculo das Artes), e de seguido haberá un xantar de confraternidade (no Restaurante Manuel Manuel).
A Gala, presentada polo xornalista Xulio Xiz, comezará ás 11.30 horas, e nela farase entrega dos galardóns (unha pomba de cerámica da Mariña, simbolizando o necesario “voo libre” do Movemento Veciñal na procura de melloras na calidade de vida) ós seguintes gañadores:
Premiados da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana
- D. Valentín González Formoso. Presidente da Excma. Deputación Provincial da Coruña
- Fundación Diego González Rivas
Premiados da Federación de Asociacións Veciñais “Roi Xordo” de Ferrol
- Carmela Primo Constantino, de Cáritas Diocesana
- ASFEDRA (Asociación de Drogodependencias de Ferrol)
Premiados da Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo
- Antonio Collazo Collazo. A título póstumo. Coñecido líder veciñal
- Higinio Andrade Portas. Colaborador activo do Movemento Veciñal
Premiado da Federación de Asociacións Veciñais “O Facho” de Cangas do Morrazo
- Xerardo Dasairas Valsa. Profesor e historiador
Premiados da Federación Provincial de Asociacións Veciñais “Limiar” de Ourense
- Noelia Pérez López. Deputado no Parlamento de Galicia
- Aceites de abril
Premiados da Federación Provincial de Asociacións Veciñais “Lucus Augusti” de Lugo
- Francisco José Fraga López. Vicerreitor do Campus Universitario de Lugo
- Manuel Núñez Carreira. Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Galicia
Premiados da CoGaVe Galicia 2023
- Cheché Real. Presidente da Asociación Galega de Hostaleiros
- Miguel Ángel González Arias. Xeneral da Garda Civil
O acto contará cunha amplia representación de diferentes Institucions (Concello de Lugo, Diputación provincial de Lugo, Xunta de Galicia e Goberno de España).
Comentarios recentes