Onte asistimos á xornada de presentación desta iniciativa do Porto da Coruña, que creará 3 espazos de diálogo, seguindo os criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza).

A presentación foi a cargo do presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, xunto a Manuel Carneiro, de Atlante e Manuel Sevillano, de Atrevia.

Unha proposta que se desenvolverá nun ámbito colaborativo no que están implicados os concellos da Coruña e Arteixo, a Universidade da Coruña (UDC), diferentes entidades sociais e empresariais ou colectivos ecoloxistas. Ademais, estas mesas, segundo a temática que se trate, terán distintos perfís co obxectivo de facelas operativas para o traballo colectivo dun porto entre todos.

Imaxes da xornada: