O vindeiro xoves, 24 de novembro, ás 18.00 horas, no Centro Cívico da Cidade Vella, terá lugar a Xornada “Por unha sociedade sen Violencia”, encadrada dentro do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero”.

Esta Xornada organizámola conxuntamente a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe) e a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana e nela intervirán tres especialistas na atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

¡Entrada gratuita!