Invitámosvos a asistir, terá lugar no Aula 9 do Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17, 15010-A Coruña), o vindeiro luns 6 de novembro, ás 18:30 horas.
Nesta Xornada intervirán:
- Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica
- Dna. María Núñez Torreiro, psicóloga e terapeuta especialista en atención a vítimas de violencia de xénero
- 1 membro da UFAM, da Comisaría provincial do C.N.P. da Coruña con experiencia na atención directa a vítimas da violencia de xénero.
Esta actividade está organizada pola Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, conxuntamente coa Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe), co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello da Coruña.
A entrada é completamente gratuita.
Comentarios recentes