O vindeiro xoves, 11 de novembro, ás 19.00 horas, no auditorio do Centro Cívico dos Mallos, terá lugar a Xornada “Xuntos contra a Violencia de Xénero”.

Esta Xornada organizámola conxuntamente a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe) e a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana e nela intervirán catro mulleres especialistas na atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

COLABORA: CONCELLO DA CORUÑA