María Luisa Varela, presidenta da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e da Federación de Asociacións Veciñais de Coruña e Área metropolitana, e outros membros da Xunta Directiva, mantiveron onte unha reunión de traballo con Obdulia Taboadela e Pablo Arangüena, candidatos ao Senado e ó Congreso dos Deputados respectivamente.
Os representantes veciñais trasladáronlles as súas principais demandas e preocupacións relacionadas con varios temas:
- As pensións e a súa revalorización.
- A subida dos prezos do aluguer de vivenda.
- Falta de prazas en residencias da terceira idade.
- Infraestruturas: Ampliación de Alfonso Molina, 4ª Ronda, conexión ferroviaria co Porto Exterior, pasarela do CC Marineda City, etc.
- Servicios Sociais e dependencia.
- Ameazas de peches de empresas.
- Proliferación das casas de apostas e a súa publicidade en TV.
- Melloras do tren de proximidade.
Comentarios recentes