Dende a Asociación Veciñal de Eirís “Uxío Carré” póñense en contacto connosco con ánimo de poder colaborar entre todas a mellorar as áreas da cidade con menos servizos: as zonas máis rurais.

O pasado ano, presentaron dende Eirís unha proposta de investimento co nome de “Dotar de servizos mínimos as zonas ruráis da cidade”

Grazas ós votos de moitas veciñas e veciños destes barrios saíu adiante.

A dotación é de 250.000€ a repartir entre todas as zonas.

A idea é facer unha lista de prioridades entre todas, xa que ninguén mellor que vos sabe o que máis se precisa na vosa zona.

A xuntanza será mañá, sábado 7 de marzo, ás 17h no local da avv de Eirís, nos baixos do Centro Cívico de Eirís (Rúa Terranova de Eirís, 7).

Para máis información podedes contactar no correo electrónico avveiris@gmail.com, ou no teléfono da avv, 604 03 28 32 con Mónica Díaz Carrodeguas (Presidenta da AVV de Eirís “Uxío Carré”)

Difundimos esta información agardando que sexa do voso interese e animándovos a participar.