Dende a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana queremos amosar o noso máis profundo pesar e completo rexeitamento ante a violencia que na madrugada do sábado acabou coa vida do xoven Samuel.

Agardamos que os responsables deste crime paguen polo dano ocasionado, xa que facer xustiza é imposible cando se trata dun feito coma este, cun desenlace fatal. 

Ningún tipo de violencia está xustificado, non hai motivos para una agresión mortal semellante. ¡Non os hai

Animámosvos a loitar unidos contra este tipo de actos nas concentracións previstas en toda España, con amor e sen alimentar máis o odio inhumano que os provoca.

Todo o noso apoio e cariño para a familia de Samuel e os seus amigos; compartimos á vosa dor e gritamos con forza #XustizaparaSamuel

Asdo.: A Xunta Directiva